NORMATIVA

23 de marzo de 2017

Acto entrega de premios XVIII Concurso de Cociña e Coctelaria Jose Rodriguez-Moldes Rey

Dentro das actividades de animación e divulgación programadas polo Galp Golfo Ártabro Norte, para este ano 2017 está a colaboración co IES Fraga do Eume nas súas actividades.

O XVIII Concurso de Cociña e Coctelaria Jose Rodriguez-Moldes Rey que é unha xuntanza tradicional de todos os centros de Hostalería da comunidade, onde danse acollida multitude de produtos galegos, facendo especial mención os produtos do mar do noso territorio. 

Hoxe desenvolveronse as probas na Escola de Hostalería, celebrandose a continuación un xantar, proclamando os gañadores e facendo entrega dos premios.

Aproveitando este evento, a representación do Galp Golfo Ártabro Norte deu a coñecer o Grupo así como as Axudas FEMP 2014-2020, aos presentes.

Este evento conta co recoñecemento e colaboración da Consellería de Cultura Educación, do Concello de Pontedeume, a Asociación de Empresarios de Hostalería de Ferrolterra, entre outras entidades. 

A presidenta do Galp Golfo Ártabro Norte fixo entrega dun dos premios aos gañadores do concurso de Coctelaría.






8 de marzo de 2017

Día Internacional da Muller. 8 de marzo


                                 Dende o Galp Golfo Ártabro Norte, 
                           queremos felicitar a todas as mulleres, 
                           en especial ás do sector do mar.