NORMATIVA

15 de setembro de 2015

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro invita a tódas as entidades do territorio, que estén interesadas no desenvolvemento do territorio a adherirse a Asociación.

O GALP Golfo Ártabro Norte invita a todas as entidades do seu territorio, que abarca os Concellos de Narón, Ferrol, Neda, Fene, Mugardos, Ares, Cabanas, Pontedeume, Miño e Paderne, a adherirse a nosa entidade, para desenvolver a Estratexia de desenvolvemento Participativo que servirá para financiar proxectos neste territorio, con Fondo Europeo Marítimo Pesqueiro.

Pode adherirse todo tipo de entidades asociativas culturais, de veciños, deportivas, empresariais, ambientais, etc. que quera participar no desenvolvemento económico, social e medio ambiental do Territorio Golfo Ártabro Norte, para máis información para adhesión enviar correo electrónico a: galpgolfoartabronorte@gmail.com