NORMATIVA

4 de setembro de 2017

O GALP Golfo Ártabro Norte pon en marcha un curso presencial-práctico co obxecto de aumentar as competencias no desenvolvemento de actividades de turismo mariñeiro no seu ámbito territorial.


Os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) de Galicia están a traballar dende hai anos, de xeito individual e coordinadamente, no desenvolvemento do turismo mariñeiro. Froito de esta colaboración xurdíu o proxecto MarGalaica, que trata de aglutinar e incorporar toda a oferta de turismo mariñeiro de Galicia.

Os GALP de Galicia, a través de Margalaica no ano 2017 están a por en marcha a Ruta dos Faros de Galicia, un proxecto de grande ruta que, recorrendo toda a costa de Galicia pretende integrar recorridos, recursos, visitas a Faros, oferta de restauración e actividades turísticas, especialmente as de contido mariñeiro, así como visitas a portos pesqueiros e Lonxas.

OBXECTIVOS
Neste contexto, dende Margalaica Turismo Mariñeiro preténdese potenciar a presenza de actividades de turismo mariñeiro na Ruta dos Faros de Galicia, ao tempo que se persigue consolidar a oferta de turismo mariñeiro existente e por en marcha iniciativas que estean a dar os primeiros pasos.
Mellorar as competencias e capacidades de certos colectivos dos profesionais do mar para o desenvolvemento de actividades de turismo mariñeiro.

DESTINATARIOS
Os destinatarios preferentes destes cursos son:
 -Mulleres profesionais do mar ou con vínculos familiares co sector do mar.
-Xoves, ata 35 anos profesionais do mar ou con vínculos familiares co sector do mar.
-Propietarios, traballadores e familiares de estaleiros, carpinterías de ribeira e embarcacións tradicionais.
-Calquera persoa con inquetudes en actividades turísticas mariñeiras


CONTIDOS COMÚNS DOS CURSOS
Todos os cursos adaptaranse ás necesidades e composición do alumnado. 
Os contidos estarán orientados a aportar aos prestadores de actividades de turismo mariñeiro as capacidades mínimas para dirixirse ao mercado para a captación de usuarios (clientes), a creación de produtos e experiencias e a xestión da actividade de turismo mariñeiro. O curso terá un carácter eminentemente práctico e se realizarán sesións personalizadas nas sedes e nas localizacións das actividades de turismo mariñeiro cunha duración mínima de dúas xornadas.

CALENDARIO E SEDES
A data de realización do curso presencial será o 25 de setembro de 2017 e terá unha duración de catro horas, de 16 a 20 horas. Confirmarase a todas as persoas inscritas o lugar e local dentro do territorio do GALP GOLFO ÁRTABRO NORTE.

PRAZO E PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo para a presentación de solicitudes de participación remata o 20 de setembro, debendo enviar recheado o formulario de inscrición cos datos solicitados ao enderezo electrónico galpgolfoartabronorte@gmail.com



Ningún comentario:

Publicar un comentario