NORMATIVA

24 de novembro de 2017

10 novas rutas para descubrir os encantos da costa norte de Galicia

§       Pobos con pasado baleeiro, casas indianas que lembran a emigración e as árbores e cantís máis altos de Europa, todo entre Paderne e Ribadeo.

O norte do norte sempre asemella un lugar inalcanzable e solitario, onde o vento bate con tanta forza que un teme saír voando. Na costa norte de Galicia, entre os concellos de Paderne e Ribadeo, hai vento e tamén hai sitios solitarios e, ás veces, case inalcanzables por permanecer en cabos afastados da civilización.

Pero os case 400 quilómetros de distancia entre ambos puntos son todo menos solitarios e inalcanzables. De feito, o proxecto 'Galicia Norte, Mares de Experiencias' acaba de editar unha guía turística que ofrece ao visitantes 10 novas rutas para descubrir os encantos desta terra de paisaxe salvaxe pero con xente moi acolledora.

Estes novos itinerarios non teñen en conta as fronterias de cada concello. Todo o territorio é un. A única fronteira que pode existir é a de non querer vivir as experiencias que achega esta nova proposta turística. 10 rutas temáticas e transversais coas que gozar en todas as estacións do ano. Na costa norte de Galicia o lecer non ten data de caducidade.

Barrios con alma mariñeira
Pedro Almodóvar namorouse da pequena vila de Redes, en Ares, e desde aquí pódese iniciara unha viaxe que levará ao visitante a coñecer a verdadeira alma marilñeira dos pobos desta costa. Desde a “ponte do demo” de Pontedeume ata os 900 anos do casco histórico de Viveiro.

Vixías do norte
Os faros contemplan solemnes o paso do tempo e, mentres tanto, guían a milleiros de embarcacións na súa travesía entre o mar Cantábrico e o oceáno Atlántico. Colosos de 100 metros de altura protexen aos navegantes desta costa rochosa, na que tamén se atopan faros convertidos en pequenas illas, como o da illa Pancha, e faros que custodian o punto máis setentrional da península, Estaca de Bares.

Pontes entre o pasado e o presente
As pontes son un símbolo universal de tránsito e conexión. Neste territorio son, ademais, importantes testemuñas da súa historia. Desde o atrevemento da ponte do Pedrido, o turista cruzará por outros emblemas da arquitectura antiga e moderna como a ponte de Pedra, a ponte das Pías ou a ponte do Barqueiro.

A Galicia indiana
Estas exóticas vivendas son as herdeiras da dura historia da emigración galega, aínda que conteñen un sabor de boca máis dulce por ter sido propiedade de galegos que retornaron ricos de América. Espectaculares construcións como a Casa da Maleta, a Casa Santa Amalia, o Chalé do Fondón ou a Torre dos Moreno enchen de eclecticismo decenas de pobos mariñeiros.

Tradición baleeira
Os galegos foron, xunto cos vascos, os maiores cazadores de baleas de España durante séculos. De ese pasado aínda se lembran oito pobos costeiros do norte de Galicia nos que a pesca dos cetáceos supuxo unha importante actividade. As pegadas máis destacadas desa tradición gárdanse no Museo do Mar de San Cibrao, en Cervo, que é un dos museos máis relevantes na súa categoría.

Unha ruta de altos voos
Os amantes da observación de aves están de sorte. A costa norte de Galicia é unha importante zona de migración de numerosas especies. Nas súas rías, marismas e illotes déixanse ver exemplares de escasa visibilidade noutros lugares, como o paíño pequeño ou a sorprendente aguia pescadora.


16 de novembro de 2017

Galicia Norte, Mares de Experiencias

GALICIA NORTE, MARES DE EXPERIENCIAS


Ana Veiga, participante no proxecto 'Galicia Norte, Mares de Experiencias'

“A raíz deste proxecto valoramos a posta en funcionamento dunha cetárea abandonada”

Natural de Cedeira, aos seus 41 anos Ana ten en mente a idea de apostar polo ámbito do turismo mariñeiro, aproveitando a súa formación como enxeñeira naval e oceánica e a súa experiencia no proxecto "Galicia Norte, Mares de Experiencias".

Conversamos con ela para coñecer as súas impresións.



Por que decidiu participar no proxecto "Galicia Norte, Mares de Experiencias"?
Actualmente estou en situación de desemprego, que aproveito para rematar o meu proxecto de fin de carreira en Enxeñaría Naval e Oceánica. Decidín participar neste proxecto porque me interesa atopar sinerxias coa miña formación e procurar desenvolver unha iniciativa relacionada co turismo mariñeiro que ao mesmo tempo me permita vivir en Cedeira.

Con que aspectos quedou máis satisfeita?
Quedei satisfeita con todo o proxecto en xeral, desde as sesións formativas nas que aprendimos a base necesaria para elaborar un plan de empresas, postas en valor, posibles colaboracións entre empresas, plans de marketing, ... ata a participación nas sesións experiencias. Por exemplo, tiven a oportunidade de descubrir Viveiro na última das probas piloto, unha vila que non coñecía en profundidade, e que teño pensado visitar en novas ocasións para explorar todos os atractivos que ofrece.

Valora a posta en marcha dalgunha iniciativa empresarial a raíz do proxecto?
En Cedeira, un grupo de persoas que participamos nas sesións formativas estamos avaliando unha posible iniciativa empresarial relacionada co turismo mariñeiro. Aínda é cedo para avanzar detalles, pero a nosa intención é poñer en funcionamento unha cetárea abandonada, establecendo cooperación con outra que hai nas proximidades. Estamos en fase de análise para ver que recursos serían necesarios e que colaboracións serían viables, entre outros factores; intentando enfocar o proxecto dun xeito que potencie a actividade marítima e turística da zona. De momento, vexo que todas as ferramentas que aprendemos nestas xornadas poden ser moi útiles para valorar as diferentes propostas que temos enriba da mesa.



2 de novembro de 2017

Xornadas de simulación de experiencias - Proxecto Galicia Norte. Mares de Experiencias

Chegou o momento de experimentar as Rutas Turísticas deseñadas no marco do proxecto "Galicia Norte. Mares de Experiencias".

O proxecto ‘Galicia Norte, Mares de Experiencias’, impulsado polos GALP a Mariña-Ortegal e Golfo Ártabro Norte, está no proceso de configuración de 10 novas rutas turísticas na costa norte de Galicia relacionadas co turismo mariñeiro.

E, para testar o interese por estes itinerarios, realizará diversas probas piloto “in situ” en parte dos lugares polos que discorren algunhas das rutas.

O venres 3 de novembro será en Miño visita guiada polo Grupo Naturalista Habitat ás Marismas do río Baxoi a partir das 11 horas, coa temática de Ornitoloxía.

O luns 6 de novembro en Narón, visita guiada a cargo do historiador do Concello de Narón, Andrés Pena Graña á Ponte e Muiño de Xuvia, coa temática Pontes que unen+Camiños de Outono.

Para participar só e necesario indicar a cal queredes asistir enviando correo electrónico a pilartorres@valoraconsultores.com ou ben chamar ao 673 472 735