NORMATIVA

24 de novembro de 2017

10 novas rutas para descubrir os encantos da costa norte de Galicia

§       Pobos con pasado baleeiro, casas indianas que lembran a emigración e as árbores e cantís máis altos de Europa, todo entre Paderne e Ribadeo.

O norte do norte sempre asemella un lugar inalcanzable e solitario, onde o vento bate con tanta forza que un teme saír voando. Na costa norte de Galicia, entre os concellos de Paderne e Ribadeo, hai vento e tamén hai sitios solitarios e, ás veces, case inalcanzables por permanecer en cabos afastados da civilización.

Pero os case 400 quilómetros de distancia entre ambos puntos son todo menos solitarios e inalcanzables. De feito, o proxecto 'Galicia Norte, Mares de Experiencias' acaba de editar unha guía turística que ofrece ao visitantes 10 novas rutas para descubrir os encantos desta terra de paisaxe salvaxe pero con xente moi acolledora.

Estes novos itinerarios non teñen en conta as fronterias de cada concello. Todo o territorio é un. A única fronteira que pode existir é a de non querer vivir as experiencias que achega esta nova proposta turística. 10 rutas temáticas e transversais coas que gozar en todas as estacións do ano. Na costa norte de Galicia o lecer non ten data de caducidade.

Barrios con alma mariñeira
Pedro Almodóvar namorouse da pequena vila de Redes, en Ares, e desde aquí pódese iniciara unha viaxe que levará ao visitante a coñecer a verdadeira alma marilñeira dos pobos desta costa. Desde a “ponte do demo” de Pontedeume ata os 900 anos do casco histórico de Viveiro.

Vixías do norte
Os faros contemplan solemnes o paso do tempo e, mentres tanto, guían a milleiros de embarcacións na súa travesía entre o mar Cantábrico e o oceáno Atlántico. Colosos de 100 metros de altura protexen aos navegantes desta costa rochosa, na que tamén se atopan faros convertidos en pequenas illas, como o da illa Pancha, e faros que custodian o punto máis setentrional da península, Estaca de Bares.

Pontes entre o pasado e o presente
As pontes son un símbolo universal de tránsito e conexión. Neste territorio son, ademais, importantes testemuñas da súa historia. Desde o atrevemento da ponte do Pedrido, o turista cruzará por outros emblemas da arquitectura antiga e moderna como a ponte de Pedra, a ponte das Pías ou a ponte do Barqueiro.

A Galicia indiana
Estas exóticas vivendas son as herdeiras da dura historia da emigración galega, aínda que conteñen un sabor de boca máis dulce por ter sido propiedade de galegos que retornaron ricos de América. Espectaculares construcións como a Casa da Maleta, a Casa Santa Amalia, o Chalé do Fondón ou a Torre dos Moreno enchen de eclecticismo decenas de pobos mariñeiros.

Tradición baleeira
Os galegos foron, xunto cos vascos, os maiores cazadores de baleas de España durante séculos. De ese pasado aínda se lembran oito pobos costeiros do norte de Galicia nos que a pesca dos cetáceos supuxo unha importante actividade. As pegadas máis destacadas desa tradición gárdanse no Museo do Mar de San Cibrao, en Cervo, que é un dos museos máis relevantes na súa categoría.

Unha ruta de altos voos
Os amantes da observación de aves están de sorte. A costa norte de Galicia é unha importante zona de migración de numerosas especies. Nas súas rías, marismas e illotes déixanse ver exemplares de escasa visibilidade noutros lugares, como o paíño pequeño ou a sorprendente aguia pescadora.


Ningún comentario:

Publicar un comentario