16 de abril de 2018

Taller EMBARCA de Saberes e Sabores

O vindeiro luns día 23 de abril retomamos o programa CANDIEIRA co Taller EMBARCA de Saberes e Sabores.

Candieira organiza en Miño un taller baixo o lema "Saberes e sabores" que achegará ás mulleres do mar e ás persoas interesadas en xeral aqueles coñecementos básicos para emprender algún proxecto de cociña local ou de transformación do produto do mar. 

Así mesmo, as asistentes intercambiarán as súas propias experiencias e contarán coa visita de mulleres emprendedoras que xa iniciaron algún proxecto neste campo.

A reunión terá lugar na sede do GALP Golfo Ártabro Norte , na Casa do Pescador de Miño (Rúa Curro, 33 Miño),  de 17:30 a 19:30 horas.
Recordamos que a participación é aberta a todas as persoas que queiran aprender ou impulsar un proxecto vinculado a este ámbito da transformación dos produtos do mar. Chama e deixa os teus datos a través do teléfono 981 784 417 ou ben envía un mail a galpgolfoartabronorte@gmail.com

Máis información deste proxecto:

Web http://www.candieira.net/ 
Páxina de facebook https://www.facebook.com/candieirarede/