COMO PRESENTAR UN PROXECTO - TRÁMITES


ABERTO PRAZO SOLICITUDES AXUDA!!!!


Os proxectos terán que axeitarse aos obxectivos e finalidade do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) e a Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte.
Os proxectos e actuacións subvencionables deberán acadar algún dos obxectivos indicados na orde de axudas.
As axudas poderán incluír medidas previstas nos capítulos I, II e IV do Título V do Regulamento (UE) nº 508/2014, cos requisitos establecidos na orde de axudas.

PROXECTOS LOCALIZADOS NO AMBITO TERRITORIAL: Neda, Fene, Narón, Mugardos, Cabanas, Pontedeume, Miño, Paderne, Ferrol

TIPOLOXÍA DE PROXECTOS:
  • INVESTIMENTO PRODUTIVO: Actividades que supoñan a realización dunha actividade económica con lucro potencial para o promotor e que supoñan unha creación e/ou mantemento de emprego. Incluídos proxectos de Turismo Industrial. 
MÁXIMO 50% DE AXUDA DO GASTO SUBVENCIONABLE, PUIDENDO CHEGAR NALGÚNS CASOS ATA O 80%
  • INVESTIMENTO NON PRODUTIVO: Proxectos que non supoñan o inicio ou desenvolvemento dunha actividade económica e/ou non estean afectos a unha actividade económica, Os proxectos de interese público, que mesmo constituindo unha actividade económica non incidan sobre o réxime de competencia no territorio de que se trate.

MÁXIMO 50% DE AXUDA DO GASTO SUBVENCIONABLE, PUIDENDO CHEGAR NALGÚNS CASOS ATA O 100%



BENEFICIARIOS: 

  • Persoas fisicas ou Xurídicas 
  • Confrarías de Pescadores e as súas federacións.
  • Entidades sen animo de lucro integradas só por Confrarías de Pescadores e/ou asociacións do sector pesqueiro.
  • Entidades Públicas Locais.
  • Asociacións Declaradas de Utilidade Pública.
  • Entidades sen ánimo de lucro que teñan entre os seus obxectivos, algún dos seguintes: fomentar as actividades náuticas; promocionar os produtos pesqueiros do territorio; fomentar o medio ambiente mariño e costeiro; promover o patrimonio cultural marítimo pesqueiro.
REQUISITOS DESTACABLES: 

  • Estar empadroado ou ter o seu domicilio social e fiscal nalgún concello do ámbito territorial do GALP Golfo Ártabro Norte e desenvolver o proxecto no mesmo ámbito territorial.
  • Os investimentos para os que se solicita a axuda NON PODERÁN ESTAR INICIADOS antes da presentación da solicitude de axuda no GALP. Deben ser viables técnica e economicamente.
  • Cumprir os requisitos de PEME, no caso de proxecto produtivos
Os promotores /as están obrigados a cumprir  todos os requisitos establecidos no Réxime de axudas e demais normativa aplicable.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

PREME no seguinte enlace para ver con detalle toda a documentación que se debe presentar xunto coa Solicitude de Axuda: GUIA TRÁMITES PRESENTACIÓN SOLICITUDE GALP
















Normativa de interese aplicable as axudas ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) aprobadas pola Consellería do Mar aos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) no marco do FEMP:         
    
  1. Orde do 24 de maio de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos  ao abeiro das Estratexias  de desenvolvemento local participativo (EDPL). (DOG nº109 de 9 de xuño de 2016)
  2. Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013.
  3. Regulamento (UE) nº 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio  de 2014 relativo ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca
  4. Criterios de selección para a concesión de axudas no marco do Programa Operativo do FEMP aprobados polo Comité de Seguimento.
  5. Lei 9/2007, do 13 de xuño de Subvencións de Galicia.
  6. Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
  7. Lei 1/2016, de 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno



Ningún comentario:

Publicar un comentario