EDLP GOLFO ÁRTABRO NORTE







Todos os proxectos que se presenten a esta liña de axudas terán que ser coherentes cos obxectivos do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) e a Estratexía de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro GOLFO ÁRTABRO NORTE.






OBXECTIVOS E LIÑAS ESTRATÉXICAS:

Obxectivo estratéxico 1.

Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción da mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministro dos produtos pesqueiros; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.
  • Mellora da competividade do sector pesqueiro
  • Atracción do relevo xeracional para asegurar a continuidade da actividade pesqueira como base  económica sostible no territorio e para o mantemento da cultura e as tradicións mariñeiras.
  • Potenciar a igualdade de oportunidades no acceso á actividade no mar

Obxectivo estratéxico 2. 

Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación da economía local das zonas pesqueira cara novas actividades económicas, entre elas as que ofrece o crecemento azul e os sectores marítimos en senso amplo, favorecendo a formación, a innovación e o fomento do emprego.
  • Impulsar o turismo mariñeiro e relacionado co mar para converterlo nun novo motor económico de primeira magnitude no territorio.
  • Potenciar a profesionalización do sector turístico e a integración da oferta para mellorar a súa competitividade.
  • Fomentar as actividades asociadas a crecemento azul con potencial desenvolvemento no territorio.
  • Facilitar a implantación de iniciativas emprendedoras no territorio.

Obxectivo estratéxico 3.

Fomento do aproveitamento sostible do patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras, incluindo operacións de mitigación do cambio climático e de transición a unha economía de baixas emisións de carbono.
  • Loita contra o cambio climático e os seus efectos.
  • Mantemento e mellora do medio natural.
  • Potenciar o desenvolvemento de elementos patrimoniais e infraestruturas produtivas sostibles.

Obxectivo estratéxico 4. 

Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras.
  • Posta en valor do patrimonio mariñeiro
  • Recompilación da memoria mariñeira
Podes ver a Estratexia completa deste Grupo premendo no seguinte ligazón:

Ningún comentario:

Publicar un comentario