MARES DE EXPERIENCIAS



Os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro A Mariña-Ortegal e o Golfo Ártabro Norte unen as súas forzas para impulsar o proxecto de cooperación interterritorial de turismo mariñeiro "Galicia Norte. Mares de Experiencias" que pretende dinamizar a economía da costa norte de Galicia.

Esta colaboración tivo como resultado o desenrolo e a promoción de rutas e experiencias turísticas para a posta en valor do patrimonio natural e cultural dos 23 concellos nos que actúan, e que van desde o municipio lucense de Ribadeo hasta o coruñés de Paderne. 

A promoción de un único territorio sen fronteiras na costa máis setentrional de Galicia permitirán focalizar mellor os atractivos turísticos máis relevantes e favorecer estancias máis longas aos viaxeiros, o que permitirá un maior volume de ingresos para a poboación.

Baixo o nome "Galicia Norte, Mares de Experiencias, esta iniciativa pretende aproveitar o potencial da actividade pesqueira e mariñeira da zona. 

O proxecto innovará coa creación de produtos e servicios alternativos e complementarios aos xas existentes, como poden ser as visitas a barrios mariñeiros, a tradición baleeira, o turismo histórico e os deportes náutico-deportivos, entre outros. 

Estas novas liñas de negocio pretenden ademais desenrolar rutas e experiencias turísticas (10 itinerarios en total), fomentar o relevo xeracional, fixación de poboación xoven, unha maior profesionalización do sector turístico e pesqueiro e o impulso do emprendemento entre as mulleres mariñeiras.

Guias e mapas das 10 rutas turisticas.


Guia Galicia Norte. Mares de Experiencias. Versión Galego
Guia Galicia Norte. Mares de Experiencias. Versión Castellano.
Guia Galicia Norte. Mares de Experiencias. Versión Ingles

Block mapa. Versión galego
Block mapa. Versión castellano
Block mapa. Versión Ingles




Ningún comentario:

Publicar un comentario