ONDAS DE ILUSIÓNS


Arranca a segunda edición da campaña escolar Arranca a segunda edición da campaña escolar "ONDAS DE ILUSIÓNS - ESCOLAS DO MAR "

Trala boa acollida da primeira edición, o programa educativo de divulgación dos recursos do mar do Golfo Ártabro Norte "Ondas de ilusións: escolas do mar", celebra a súa segunda edición no curso escolar 2017-2018 nos meses de maio e xuño.
Este Programa está financiado con fondos do Programa FEMP 2014-2020, dentro das actividades de animación e divulgación do GALP Golfo Ártabro Norte para este ano 2018.
“Ondas de ilusións: Escolas do mar” é un proxecto de sensibilización e divulgación dos valores e dos recursos do mar que constitúe un complemento de alto valor pedagóxico ás actividades dos centros participantes.
Nesta segunda edición continuaremos a promover como obxectivos principais a adquisición de coñecementos e valores que favorezan o respecto e promoción dos recursos ambientais, culturais e socioeconómicos do litoral do Golfo Ártabro norte, facendo especial énfase no tema da sustentabilidade e o valor dos recursos locais.
Contaremos para iso coa Ameixa Tareixa, protagonista desta costa e que será a mascota que nos vai acompañar ao longo de todas as actividades das que consta a campaña e que propoñen para cada centro as seguintes accións:
Sesión divulgativa. Presentación da campaña e dos c Sesión divulgativa. Contidos do programa.
Unidade didáctica para o traballo na aula. Tres pro Unidade didáctica para o traballo na aula. postas para achegarse de maneira lúdica aos obxectivos do programa.
Xornada de excursión. Unha saída a espazos significativos do Golfo ártabro onde afondar co coñecemento dos valores naturais, culturais e socioeconómicos do territorio.
Concurso de Contos. Concurso de contos no que os diferentes grupos poderán participar de maneira voluntaria.
Vídeo didáctico. Vídeo resumo do programa para divulgar o programa de cara a futuras edicións.
A campaña está dirixida a nenos e nenas de entre 8 e 12 anos dos centros públicos do territorio do Golfo Ártabro Norte: Paderne, Miño, Pontedeume, Cabanas, Ares, Mugardos, Fene, Neda, Ferrol e Narón.
Para máis información e reservas:
Teléfono: 698.15.74.14
Email: ondasdeilusions@gmail.com
Web: www.ondasdeilusions.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario